Audio e Acta Pleno 07/12/2016

AUDIO

Preme aiquí para descargar Audio Pleno

Preme aiquí para consultar a Acta

PLENO ORDINARIO 07 DE DECEMBRO DE 2016

ORDE DO DÍA

  • Aprobación , se procede, da acta da sesión  ordinaria do 5 de outubro de 2016
  • Dar conta do Decreto da Alcaldía do 26 de outubro de 2016, en relación ao recurso contencioso administrativo, procedemento abreviado 264/2016-b, interposto pola CIG.
  • Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos num. 6/2016.
  • Aprobación, se procede, do proxecto do orzamento municipal  para o exercicio 2017.
  • Dar conta do período medio de pagamento correspondente ao terceiro trimestre  de 2016.
  • Aceptación, se procede, da cesión por parte da Comunidade de Montes Veciñais en man común de Serra de San Salvador e Monte de arriba da parcela 1620, situada no lugar das fontiñas, en Albarellos, para a construcción do centro de atención ás persoas maiores do Concello de Monterrei.
  • Aceptación, se procede, da solicitude dos Veciños da Salgueira para a xestión municipal do servizo de subministración de auga potable.
  • Aceptación, se procede, da solicitude dos Veciños da Caridade para a xestión  municipal do servizo de subministración de auga potable.
  • Dar conta da declaración de Verín sobre o medio ambiente e o Río Támega.
  • Control e fiscalización das actuacións dos Órganos de Goberno.

Audio e Acta Pleno 05/10/2016

Audio
Ir a descargar

Preme aiquí para consultar a Acta

Orde do día

  • Aprobación, se procede, das actas das seguintes sesións: ordinaria do 3 de agosto e extraordinaria do 29 de agosto de 2016.
  • Dar conta das liñas fundamentais do orzamento para o exercicio 2017.
  • Aprobación, se procede, da modificación da ordenanza fiscal de imposto municipal de bens inmobles do Concello de Monterrei.
  • Aprobación, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do servizo de piscina municipal.
  • Dar conta do acordo da xunta de goberno local, do 14 de setembro de 2016, polo que se aproba a adhesión do Concello de Monterrei ao convenio de colaboración coa secretaría xeral para o deporte para a construción dun campo de fútbol praia en Vilaza.
  • Dar conta do acordo da xunta de goberno local, do 29 de agosto de 2016, polo que se aproba o convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o financiamento das obras de construción do centro social do Concello de Monterrei .
  • Aprobación, se procede, da ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Monterrei.
  • Dar conta do decreto do 12 de agosto de 2016, polo que se delega no primeiro tenente de alcalde o exercicio das funcións da alcaldía.
  • Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal Veciños de Monterrei e o Bloque Nacionalista Galego para a posta en marcha dunha nova política de incendios, así como tomar as medidas necesarias para paliar os danos causados polos lumes que o Concello de Monterrei sufriu durante o verán.
  • Control e fiscalización das actuacións dos órganos de goberno.

Audio e Acta Pleno 03/08/2016

AUDIO

Ir a descargar

Preme aiquí para consultar a Acta

Orde do día

Declaración do título de fillo predilecto do Concello de Monterrei a Joaquín Balboa García.

Aprobación, se procede, das actas das sesións ordinaria e extraordinaria do 6 de xuño de 2016.

Dar conta da renuncia da concelleira Marina Salgado Carnero a súa dedicación parcial.

Aprobación, se procede, do recoñecemento dunha dedicación parcial a favor da concelleira María Rosa González Rivero.

Dar conta do decreto da alcaldía de data 20 de xullo de 2016 polo que se nomea a María Rosa González Rivero como concelleira delegada.

Aprobación, se procede, da conta xeral correspondente ao orzamento municipal do 2015.

Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 3/2016, con cardo ao remanente de tesourería.

Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 4/2016, con cargo a partidas reducibles.

Dar conta do período medio de pagamento correspondente ao 2º trimestre de 2016.

Moción do grupo municipal Veciños de Monterrei para a redución do tipo impositivo do imposto sobre bens inmobles e bonificacións a diferentes colectivos no Concello de Monterrei.

Moción do grupo municipal Veciños de Monterrei sobre a revisión do recoñecemento das asistencias por concorrencia efectiva as sesións dos órganos colexiados.

Control e fiscalización das actuacións dos órganos de goberno.

 

Acta Abril 2016

Preme aiquí para consultar a Acta

Puntos do día

  • Moción do Grupo Municipal VECIÑOS DE MONTERREI sobre que o Concello de Monterrei Tramite co Obispado a posible ampliación do cemiterio de Vilaza, ou se iso non pode ser, se inicien os trámites para  a construcción dun novo Cemiterio de titularidade Municipal.
  • Moción do Grupo Municipal VECIÑOS DE MONTERREI sobre que o Concello tramite coa confederación hidrográfica do Douro o arranxo dos danos causados polo río o seu paso pola Pousa e se constrúa un dique na marxe da localidade.
  • Dar conta do Decreto do 8 de Febreiro do 2016, polo que se aproba a liquidación do Orzamento Municipal do exercicio do 2015.
  • Dar conta do informe de estabilidade orzamentaria da liquidación do Orzamento Municipal do 2015.
  • Aprobación se procede, do expediente de modificación de créditos núm. 2/2016, con cargo ao remanente da Tesourería.
  • Dar conta do plan orzamentario a medo prazo 2017/2019.

Seguir lendo

Acta Febreiro 2016

Preme aiquí para consultar a Acta

Puntos do día

  • Moción do Grupo Municipal VECIÑOS DE MONTERREI  sobre o arranxo da Rúa no Barrio de Molelos de Albarellos.
  • Moción do Grupo Municipal VECIÑOS DE MONTERREI sobre o arranxo de Rúas na locadidade de Infesta.
  • Dar conta do período medio de pagamento correspondente o 4º trimestre do 2015.
  • Moción do Grupo Municipal VECIÑOS DE MONTERREI sobre a creación dun punto de Atención á Infancia.
  • Moción do Grupo Municipal VECIÑOS DE MONTERREI sobre o Arranxo do Cemiterio de Albarellos.
  • Participación do Concello de Monterrei, a traves da Mancomunidade de Municipios de Verín, na Eurocidade Chaves-Verin.
  • Control e fiscalización das actuacións dos Órganos de Goberno.
  • ROGOS E PREGUNTAS DOS VOCEIROS