Audio
Ir a descargar
Preme aiquí para consultar a Acta
Orde do día
- Aprobación, se procede, das actas das seguintes sesións: ordinaria do 3 de agosto e extraordinaria do 29 de agosto de 2016.
- Dar conta das liñas fundamentais do orzamento para o exercicio 2017.
- Aprobación, se procede, da modificación da ordenanza fiscal de imposto municipal de bens inmobles do Concello de Monterrei.
- Aprobación, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do servizo de piscina municipal.
- Dar conta do acordo da xunta de goberno local, do 14 de setembro de 2016, polo que se aproba a adhesión do Concello de Monterrei ao convenio de colaboración coa secretaría xeral para o deporte para a construción dun campo de fútbol praia en Vilaza.
- Dar conta do acordo da xunta de goberno local, do 29 de agosto de 2016, polo que se aproba o convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o financiamento das obras de construción do centro social do Concello de Monterrei .
- Aprobación, se procede, da ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello de Monterrei.
- Dar conta do decreto do 12 de agosto de 2016, polo que se delega no primeiro tenente de alcalde o exercicio das funcións da alcaldía.
- Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal Veciños de Monterrei e o Bloque Nacionalista Galego para a posta en marcha dunha nova política de incendios, así como tomar as medidas necesarias para paliar os danos causados polos lumes que o Concello de Monterrei sufriu durante o verán.
- Control e fiscalización das actuacións dos órganos de goberno.



